Saltar ao contido

Carme Forcadell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Moi Honorábel Editar o valor en Wikidata
Carme Forcadell

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Maria Carme Forcadell Lluís Editar o valor en Wikidata
29 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Xerta, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 22 de marzo de 2018 (renuncia)Chakir El Homrani →

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputada do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

14ª Presidenta do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)
← Núria de GispertRoger Torrent i Ramió →
Presidenta da Assemblea Nacional Catalana
22 de abril de 2012 – 6 de maio de 2015
← Dolors Marin TuyàJordi Sánchez Picanyol →
Concelleira de Sabadell
14 de xuño de 2003 – 16 de xuño de 2007
Datos persoais
ResidenciaSabadell (1973–)
Xerta (1955–1973) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona - Licenciatura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, escritora, conselleira, activista cultural, profesora de ensino secundario, lingüista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConsellería de Educación da Generalitat de Cataluña (1985–)
RTVE Cataluña (1979–1982) Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente (–valor descoñecido)
Esquerra Republicana de Catalunya (valor descoñecido–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
CónxuxeBernat Pegueroles Editar o valor en Wikidata
Condenada porSedición (2019)
→ (11,5 pena de prisión)
→ Final: 23 de xuño de 2021, Indulto Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
22 de xuño de 2021Indultosentenza do xuízo ao proceso independentista catalán Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webhttp://www.carmeforcadell.cat
IMDB: nm5296243 Facebook: carme.forcadell.5 Twitter: Forcadellcarme Instagram: forcadellcarme BNE: XX1074609 Dialnet: 886501 Editar o valor en Wikidata

Maria Carme Forcadell i Lluís, nada en Xerta, Baix Ebre, o 29 de maio de 1955,[1] é unha lingüista e activista política catalá, presidenta do Parlamento de Cataluña, fundadora da Plataforma per la Llengua, membro da executiva e voceira da xunta do Òmnium Cultural de Sabadell e presidenta da Assemblea Nacional Catalana dende a súa fundación[2] até maio de 2015, e deputada no Parlamento de Cataluña (2015-2018).[3][4] Permaneceu en prisión preventiva en Alcalá-Meco, á espera do xuízo ó proceso independentista catalán, que comezou o 12 de febreiro de 2019.[5] Finalmente foi condenada polo Tribunal Supremo de España en outubro de 2019, 11 anos e medio de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Xerta nunha familia humilde e aos 18 anos trasladouse a Sabadell. Estudou na Universidade Autónoma de Barcelona e licenciouse en Filosofía e en Ciencias da Información. Tamén estudou un máster en Filoloxía Catalá. Entre 1979 e 1982 traballou como redactora no programa Giravolt de TVE. En 1982 foi profesora de lingua catalá do IES Escola Industrial de Sabadell. Catedrática de ensino secundario, traballou como asesora en lingua e cohesión social (LIC) no Departamento de Educación da Generalitat de 1985 a 2015, onde foi coordinadora de normalización lingüística do Servizo de Ensino do Catalán do Departamento de Educación desde 1992, e desde 2004 asesora de lingua, interculturalidade e cohesión social. É autora de libros sobre pedagoxía, lingua e literatura e dun dicionario. Colaborou en varios medios de comunicación con publicacións sobre planificación lingüística, lingua e identidade.

Vida política

[editar | editar a fonte]

É militante de Esquerra Republicana de Catalunya. De 2001 a 2004 formou parte da executiva nacional. De 2003 a 2007 foi concelleira por este partido no Concello de Sabadell cargo que non puido renovar ao non lograr encabezar a lista nas eleccións municipais. Presentouse no posto número 2 e quedou fóra do concello porque ERC só obtivo un concelleiro.

Focadell dedicou entón máis tempo a Òmnium Cultural e á Plataforma per la Llengua, organizacións ás que xa pertencía e integrouse na comisión polos papeis de Salamanca e a Plataforma pel Dret de Decidir da que é vicepresidenta, un colectivo que foi embrión da Assemblea Nacional Catalana, organización que reclama a independencia de Cataluña e que Forcadell presidiu de abril do 2011 a maio de 2015. Tamén foi unha das máximas portavoces da organización na manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa" e a Vía catalá.

Forcadell foi a número dous de Junts pel Sí, a lista unitaria soberanista pactada por CDC e ERC para as eleccións autonómicas catalás do 27 de setembro de 2015, a cal encabezou Raül Romeva.

O 26 de outubro de 2015 foi elixida presidenta do Parlamento de Cataluña por 77 votos a favor, 57 en branco e un nulo.[7]

Declaración de independencia

[editar | editar a fonte]

Despois da declaración unilateral de independencia de Cataluña do 27 de outubro de 2017 foi investigada polo Tribunal Supremo por presuntos delitos de rebelión e sedición. O 9 de novembro, o órgano instrutor do tribunal ordenou cadea preventiva baixo fianza de 150 000 euros e quedou en liberdade o día seguinte.[8] Perante o tribunal, declarou que a Declaración de Independencia era unha declaración política sen consecuencias xurídicas, acatou a aplicación do Artigo 155 da Constitución española e admitiu que tramitara leis que o Tribunal Constitucional lle requirira non facer, malia defender o dereito do Parlamento a debater.[9][10][11][12][13]

En decembro do mesmo ano volveu ser escollida deputada nas eleccións ó Parlamento, desta volta pola candidatura de Esquerra Republicana.[14] Anovou a súa condición de parlamentaria o 17 de xaneiro de 2018, mais renunciou a ser reelixida presidenta da cámara e foi sucedida no cargo polo deputado Roger Torrent.

O 22 de marzo de 2018, unha vez rematada a votación errada para a investidura de Jordi Turull como presidenciable da Generalitat de Cataluña, renunciou, xunto con Marta Rovira e Dolors Bassa á acta de deputada.[15]

Cadea preventiva

[editar | editar a fonte]

O 23 de marzo de 2018, o maxistrado do Tribunal Supremo de España, Pablo Llarena, ordenou o seu ingreso en prisión, así como o de Jordi Turull, os conselleiros Raül Romeva, Josep Rull e Dolors Bassa. Llarena argumentou prisión provisional incondicional sen fianza para os cinco despois de considerar que había risco de fuga e de reiteración dos delitos polos que foron procesados.[16] Tamén emitiu ordes de detención europea e internacional para case tódolos exiliados. Ó seu regreso, Marta Rovira non se presentou e exiliouse fóra do país.[17]

En xullo de 2018, foi trasladada a unha prisión catalá. Despois dunha breve estadía no centro Puig de les Basses de Figueres, foi trasladada ó de Mas d'Enric, situado na travesía Comella Moro del Catllar (Tarragonès), por estar máis preto da súa familia materna á espera de xuízo. Trátase dun cárcere de homes de alta seguridade, cun só módulo para mulleres.[18]

O 1 de febreiro de 2019 foi trasladada a Alcalá-Meco nun autocar da Garda Civil, para afrontar o seu xuízo, que comezou o 12 de febreiro[5] e que acabou o 14 de outubro de 2019 cunha sentenza de 11 anos e medio de prisión e inhabilitación por sedición e malversación.[6] En xuño de 2020 ingresou no cárcere de mulleres Wad-Ras, logo de pedir o traslado á xunta de tratamento de Mas d'Enric, o centro penitenciario onde estaba até entón.[19] En xullo de 2020, concedéuselle o terceiro grao penitenciario, mais o Tribunal Supremo retiroullo o 4 de decembro.[20] Recuperou o terceiro grao o 29 de xaneiro de 2021, aínda que que a súa saída demorouse un día por mor de que se atopaba confinada por un gromo de coronavirus no cárcere de Wad-Ras.

  1. Auto xudicial co nome completo e data de nacemento de Forcadell
  2. Prats, Duaíta. "Carme Forcadell: "Necessitem la independència perquè potser aviat no tindrem cap terra per defensar"" (PDF). L'Agró Negre de DEPANA. pp. 16–17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  3. Acte judicial amb el nom complet i data de naixement de Forcadell
  4. Prats, Duaíta. L'Agró Negre de DEPANA, ed. "Carme Forcadell: "Necessitem la independència perquè potser aviat no tindrem cap terra per defensar"". pp. 16–17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 Congostrina, Alfonso L. (2 de febreiro de 2019). "La Guardia Civil traslada a los presos del ‘procés’ a cárceles de Madrid". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. 
  6. 6,0 6,1 Camps, Josep Maria (14 de outubro de 2019). "Penes d'entre 13 i 9 anys de presó per al govern de l'1-O, la presidenta del Parlament i els presidents d'Òmnium i ANC". 324.cat. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  7. El Periódico de Catalunya, ed. (26 de outubro de 2015). "Carme Forcadell xa é presidenta do Parlament grazas aos votos de JxSí e a CUP". Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  8. "Últimas noticias del ingreso en prisión de Carme Forcadell". La Vanguardia. 10 de novembro de 2017. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  9. "El bulo sobre la declaración de Forcadell donde". La Vanguardia. 
  10. "El jutge del Tribunal Suprem ordena presó eludible amb fiança de 150.000 euros per a Forcadell". Ara. 
  11. Rincón, Reyes; Pérez, Fernando J. (10 de outubro de 2017). "Forcadell acata la legalidad y evita la prisión incondicional". El País. 
  12. Anguera de Sojo, Iva (13 de novembro de 2017). "Forcadell hizo constar en el acta de la Mesa que la DUI era simbólica". El independiente. 
  13. Ekaizer, Ernesto (10 de novembro de 2017). "Llarena y el 'desminado' de la campaña del 21-D". Ara (en castelán). […]acataba el artículo 155 y que la declaración del Parlament había sido una “declaración política”. Si bien admitió que había tramitado leyes sobre las que el Tribunal Constitucional le había requerido para no hacerlo, defendió el derecho del Parlament a debatir. 
  14. "Composició del Parlament - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  15. "Marta Rovira, Carme Forcadell i Dolors Bassa renuncien a l’acta de diputades abans d’anar al Suprem". Vilaweb. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  16. "El juez Llarena manda a prisión a Turull, Forcadell, Bassa, Rull y Romeva por riesgo de fuga". El Mundo. 
  17. "L’ofensiva de Llarena deixa cinc presos polítics més i Rovira a l’exili". Ara. 
  18. 324cat (28 de xaneiro de 2019). "El dia a dia de Forcadell a la presó: "Intento ajudar i empoderar"" (en catalán). Consultado o 29 de xaneiro de 2019. 
  19. 324cat, ed. (2020-06-15). "Forcadell ingressa a la presó de Wad-Ras, on haurà de demanar permisos per sortir". Consultado o 2020-06-15. 
  20. Ansola, Emma (31 de decembro de 2020). "“Cal deixar de banda el partidisme i pensar en el país”". El Punt Avui: p. 5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Núria de Gispert
 
Presidenta do Parlamento de Cataluña
 
2015 - 2018
Sucesor:
Roger Torrent i Ramió
Predecesor:
Ninguén
 Presidenta da Assemblea Nacional Catalana 
2012 - 2015
Sucesor:
Jordi Sànchez i Picanyol

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]